El camino
Camiño de Santiago
Solpor
Fisterra
Solpor
Obxectivos

Solpor Fisterra

HISTORIA E MOTIVACIÓN
delimiter image

Sabido é que admiramos o Sol dende sempre. O astro rei e os planetas que se formaron ao redor, a propia vida na Terra. Unha fonte de enerxía que nos alimenta física e psicoloxicamente. Un ente de culto para os nosos antepasados que perdura dende a noite dos tempos, tamén un atractivo turístico.

O Sol discorre en paralelo ás nosas vidas, dos solsticios aos equinoccios, dende o 21 de decembro ao 21 de Xuño, e viceversa, a estrela percorre os ceos alongando ou acurtando a duración do día e a noite, rexindo o cambio de estacións, as plantacións, as colleitas… a supervivencia, en definitiva, do mesmo ser humano. Eses tempos variables que a posición do Sol debuxa no horizonte, son tamén referentes da paisaxe.

É obvio que a maxia e beleza dos atardeceres son un recurso natural de gran potencial turístico para moitas zonas, especialmente localidades rurais cun valioso patrimonio natural e cultural que poñer en valor. A creación de contidos audiovisuais innovadores e de calidade ao redor do fenómeno do solpor nestes espazos, porá no mapa parroquias e lugares cheos de significación

O BLOG

Explora

Solpor
Wireless Galicia
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

"Una ventana con vistas al Sol"