Solpor

CAMIÑO de SANTIAGO

delimiter image

A posta do Sol é pedra angular do patrimonio natural do Camiño a Compostela, ese desisivo itinerario que vertebrou a cultura europea no último milenio. Milleiros de peregrinos, en calquera momento do ano, viven ese momento cargado de maxia en diferentes emprazamentos da ruta xacobea. Incontables visitantes presos da mesma fascinación que dende tempos ancestrais continuaron ata Fisterra para contemplar tan grandioso espectáculo.

Son abundantes os ritos e lendas pagás sobre o Ara Solis, santuario de culto ao sol, altar despois cristianizado, onde hoxe se empraza a ermida de San Guillerme. Para algúns historiadores, o roteiro de peregrinación cara o punto de observación final, o do derradeiro sol, podería ser o xérmolo do medieval Camiño de Santiago.

Mesmo hoxe en día moitos dos peregrinos que chegan a Santiago continúan camiño ata o cabo Fisterra, completando o tránsito místico. A mesma fascinación que ao longo dos milenios convocou a tantas persoas para asistir ao transcendente espectáculo dun atardecer cargado de simbolismo.

Solpor

FISTERRA
delimiter image

Se hai un lugar no mundo onde o Sol adquire unha dimensión máxica, leste é o Cabo Fisterra, auténtico emblema da Costa da Morte e do Camiño de Santiago. Fin da Terra durante o Imperio Romano. Un pasado de lenda que o propio topónimo expresa, encravado nun espazo natural, paisaxístico e cultural único.

O historiador romano Lucio Aneo Floro (c. 74– c. 130) conta como o xeneral romano Décimo Xuño Bruto Galaico (180 a. C.–113 a. C.), tras conquistar o Noroeste peninsular, que sería Gallaecia (que comprende Galicia e aproximadamente a metade do norte de Portugal), chegou ao que cría o fin do mundo coñecido, a Finis Terrae, e non quixo irse sen antes ver o sol afundirse no mare tenebrosum.

A mítica escena remite ao Promontorium Nerium, sito na Promontorium Nerium, a zona máis occidental da España peninsular a que actualmente se coñece como Costa da Morte.

Na Costa da Morte atópase o concello de Fisterra, en cuxo famoso cabo (do mesmo nome) amoréanse  centos de turistas en varios momentos do ano para contemplar ese máxico momento do atardecer.

"Una ventana con vistas al Sol"