Se formas parte dun destino turístico, xa sexas unha administración pública (concello, deputación ou goberno rexional) ou unha empresa privada (Hotel, albergue, cámping,…) e consideras que o patrimonio paisaxístico do teu espazo resulta atractivo ou sinxelamente singular, súmate á nosa rede de puntos de observación e aumenta a túa visibilidade ante unha audiencia desexosa de descubrir novos lugares que visitar.
A creación continuada de material audiovisual de calidade e a súa difusión en redes sociais, sen dúbida atraerá a atención de potenciais visitantes á túa rexión. Xa sexa pola ausencia de contaminación lumínica no teu destino, a beleza da contorna ou a posibilidade de gozar de deportes acuáticos (surf, vela, …) ou de natureza (sendeirismo, escalada, …), ofrecer información audiovisual en tempo real e sobre diferentes plataformas (Facebook, Instagram, Youtube, Twitch, …) constitúe un atractivo diferencial en liña cos novos tempos.
Nós encargámonos de ofrecerche unha solución chave en man, que inclúe a subministración e mantemento de material tecnolóxico, xestión das comunicacións, operación do sistema, creación de pezas audiovisuais así como accións de márketing en liña, todo iso baixo unha modalidade de servizo, sen necesidade de realizar investimentos materiais.