Solpor

HISTORIA E MOTIVACIÓN

delimiter image

Sabido é que admiramos o Sol dende sempre. O astro rei e os planetas que se formaron ao redor, a propia vida na Terra. Unha fonte de enerxía que nos alimenta física e psicoloxicamente. Un ente de culto para os nosos antepasados que perdura dende a noite dos tempos, tamén un recurso turístico.

O Sol discorre en paralelo ás nosas vidas, dos solsticios aos equinoccios, do durante o ano, dos solsticios aos equinoccios, do 21 de decembro ao 21 de Xuño, e viceversa, a estrela percorre os ceos alongando ou acurtando a duración do día e a noite, rexendo o cambio de estacións, as plantacións, as colleitas… a supervivencia, en definitiva, do mesmo ser humano. Eses tempos variables que a posición do Sol debuxa no horizonte, son tamén referentes da paisaxe.

É obvio que a maxia e beleza dos atardeceres son un recurso natural de gran potencial turístico para moitas zonas, especialmente localidades rurais cun valioso patrimonio natural e cultural que poñer en valor. A creación de contidos audiovisuais innovadores e de calidade ao redor do fenómeno do atardecer nestes espazos, achega unha visibilidade que porá no mapa parroquias e lugares cheos de significación

Solpor

OBXECTIVOS

delimiter image

O obxectivo principal de Solpor é a posta en valor do Sol, ente de culto para os nosos antepasados, que perdura desde a noite dos tempos, coma recurso turístico e patrimonial de primeira orde.

Solpor recupera e actualiza todo o coñecemento milenario asociado ao Sol, astro rei do que proceden os planetas e a propia vida na Terra. Un achegamento dende  múltiples disciplinas (física, antropoloxía, arte, bioloxía, xeografía,…) a ese ente de culto para os nosos antepasados que perdura desde os nosos devanceiros ata a actualidade.

Solpor expón distintas preguntas: Como percibiría un observador o movemento relativo cambiante do Sol ao longo do ano? En que puntos do horizonte produciríanse os atardeceres nos solsticios e nos equinoccios para este observador? É a Costa da Morte o derradeiro lugar dá Europa continental onde se esconde o sol? Que é o Raio Verde?

A través da xeración de contidos audiovisuais innovadores (vídeo en directo, timelapses, fotografías,…), Solpor pretende dar resposta a todas estas preguntas. Amosamos con vídeos e fotografías, como ao longo de de os 365 días do ano o Sol describe nos atardeceres un movemento horizontal sobre o horizonte, de esquerda a dereita e viceversa, formando un ángulo de 66 graos con respecto ao observador, estando os equinoccios no centro e os solsticios nos extremos, tal e como mostra a seguinte figura:

Promovemos a participación da xente na creación de novos contidos audiovisuais, propiciando encontros entre afeccionados á ciencia, fotografía, astronomía, e unha comunicación continuada a través das nosas redes sociais.

Buscamos o intercambio de experiencias da nosa audiencia, facilitando a comunicación durante o espectáculo colectivo que representa o atardecer, ben sexa estando de corpo presente nalgún dos nosos spots (compartindo a túa experiencia), ou accedendo vía Internet á nosa canle de emisión en directo, podendo compartir a través do chat, impresións sobre o espectáculo con persoas de calquera parte do mundo.

"Una ventana con vistas al Sol"