Image icon
Historia e motivación
El camino
Camiño de Santiago
Solpor
Fisterra

Solpor Fisterra

OBXECTIVOS
delimiter image

O obxectivo principal de Solpor Fisterra é a posta en valor do solpor sobre o océano Atlántico, coma recurso turístico de primeira orde. 

Solpor Fisterra recupera e actualiza todo o coñecemento milenario asociado ao Sol, astro rei do que proveñen os planetas e a propia vida na Terra. Un achegamento desde múltiples disciplinas (física, antropoloxía, arte, bioloxía, xeografía,…) a ese ente de culto para os nosos antepasados que segue a perdurar dende os nosos ancestros ata a actualidade

Solpor plantexa distintas preguntas: 

¿Cómo percibiría un observador ubicado no cabo Fisterra o movemento relativo cambiante do Sol ao longo do ano? ¿En qué puntos do horizonte se producirían os solpores nos solsticios e nos equinoccios para este observador? ¿É a Costa da Morte o último lugar da Europa continental onde se esconde o sol? ¿Qué é raio verde? 

A través da xeración de contidos audiovisuais innovadores (vídeo en directo, timelapses, fotografías,…), Solpor pretende dar resposta a todas estas preguntas. 

Mostraremos con vídeos e fotografías, coma ao longo dos 365 días do ano o Sol describe nos solpores un movemento horizontal sobre o horizonte, de esquerda a dereita e viceversa, formando un ángulo de 66 grados con respecto ao observador, estando os equinoccios no centro e os solsticios nos extremos, tal e como mostra a seguinte figura:

Promoveremos a participación da xente na creación de novos contidos audiovisuais, promovendo encontros entre afeccionados á ciencia, á fotografía, a astronomía, e unha comunicación continuada a través das nosas redes sociais. 

Buscamos o intercambio de experiencias da nosa audiencia. Facilitaremos a comunicación durante o espectáculo colectivo que representa o solpor, ben sexa estando de corpo presente no Cabo Fisterra (compartindo a túa experiencia), ou accedendo vía Internet ao noso canal de emisión en directo, puidendo compartir a través do chat, impresións sobre espectáculo con persoas de calquera parte do mundo.

Solpor
O BLOG

Explora

Solpor
Wireless Galicia
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

"Una ventana abierta al mundo"