Nosas cámaras situadas no Hotel O Semáforo de Fisterra captan o bólido esporádico SPMN180224J. Ao coincidir co crepúsculo alcanzou unha gran visibilidade, sendo avistado desde numerosos puntos de Galicia. Segundo os nosos rexistros o bólido fixo aparición ás 19:26 da tarde. De acordo aos cálculos da súa traxectoria, non houbo ningunha interacción con Galicia e de non haberse desintegrado completamente, os seus restos repousarán agora nalgún lugar das profundidades do océano Atlántico.