UN MAR QUE BRILLA CON LUZ PROPIA EN CARNOTA
Ao longo da historia, numerosos mariños que surcaron as augas do océano índico, documentaron o fenómeno de mar de ardora aludindo ao seu carácter fantástico, máis próximo á lenda que á evidencia científica. O coñecemento que se tiña do tema até o 1915, era escaso. Entón, a comunidade científica comeza a rexistrar exemplos deste fenómeno e comprendemos que non se trataba de fantasías, senón dunha realidade da natureza.
Con todo, unha vez máis, Xullo Verne, adiantado ao seu tempo, descríbenolo na súa lexendaria obra, 20.000 leguas de viaxe submarina, nunha escena na que o Nautilus atópase inmerso nas augas brillantes do océano:
O Nautilus pareceu durmirse a uns metros tan só baixo a superficie. Os seus aparellos eléctricos non funcionaban, e a sua hélice inmóbil deixáballe errar ao ditado da corrente […] Os meus compañeiros e eu fomos entón testemuñas dun curioso espectáculo. Os observatorios do salón estaban descubertos […] e reinaba unha vaga escuridade no medio das augas […] Observaba eu o estado do mar nesas condicións […] cando o Nautilus achouse súbitamente alagado de luz. […] Advertín entón unha serie de lóstregos no medio das capas luminosas […] había nela unha intensidade e un movemento insólitos. Diríase unha luz viva! E viva era, posto que emanaba dunha infinita aglomeración de infusorios pelágicos, das noctilucas miliares, verdadeiros glóbulos de gelatina diáfana, provistos dun flagelo filiforme?
20.000 leguas de viaxe submarina. Xulio Verne
O Nautilus atopábase en augas do Índico, poboadas de Noctiluca Scintillans, un dinoflaxelado heterótrofo cuxa característica máis coñecida é que é bioluminiscente, é dicir, que brilla con luz propia. Nas costas bañadas por este dinoflaxelado, a auga tínguese de vermello durante o día para adquirir un ton azul verdoso fluorescente durante a noite.
Ao chegar a noite, naquelas augas onde a poboación deste organismo é grande e danse unhas condicións específicas de temperatura e estado do mar, estes organismos brillan con forza, creando a visión dun auténtico manto resplandecente , de ardora ou ardentía.
Isto non só pasa no Índico, en Galicia é un fenómeno frecuente no verán entre os meses de xullo e setembro, en zonas das Rías Baixas, pero tamén en Costa da Morte, onde é especialmente espectacular.
Unha das praias máis atractivas para gozar deste fenómeno en Galicia, é a Praia de Carnota. O seu areal infinito cóbrese coa auga do mar brillante poboado de noctiluca, ou como se descubriu recentemente, doutro dinoflagelado bioluminiscente, Alexandrium Tamarense; dando lugar a un espectáculo case máxico, onde o mar parece fundirse co ceo estrelado.
Recomendámosche que anotes na túa lista de futuras viaxes para o próximo verán a Costa da Morte e concretamente Carnota, para gozar do lendario mar de ardora.
Podes sentar pola noite a observalo simplemente ou mesmo tomar un baño!. E xa se queres facer aínda máis especial a estancia, recomendámosche que aloxarte no Faro de Lariño, reconvertido actualmente nun marabilloso hotel coas mellores vistas, instalacións e servizo.