«Presenciou algunha vez a posta do Sol no mar? (…) Pero, deuse conta dun fenómeno que ocorre no momento en que o astro radiante lanza o seu último raio cando o ceo está completamente despexado e transparente? Poida que non. Pois, non perda a ocasión de presenciar este fenómeno. Os seus ollos percibirán, non un raio vermello, senón un marabilloso raio verde, dunha cor, que non hai pintor que poida reproducilo na súa paleta, e que a propia Natureza non repetiu nin nos diversos tons das plantas, nin na cor máis transparente dos mares. Se existe o verde no paraíso, non pode ser mais que este verde, que é sen dúbida, o verdadeiro verde da esperanza.» Julio Verne.
Así describía Julio Verne o artigo dun xornal inglés que cativaría á protagonista da súa novela “O Raio Verde”, e pola que emprendería unha serie de viaxes co fin de contemplar tan singular fenómeno. E é que a costa Atlántica de Galicia é un lugar fantástico onde divisar esta lección de óptica, e que non é outra cousa que a refracción da Luz que xeran os últimos raios de sol ao atravesar a atmosfera baixo unhas circunstancias climáticas concretas.

«…nós non vimos este raio que tanto buscamos. -Vimos algo mellor -dixo en voz baixa Helena-. Vimos a mesma felicidade, a que a lenda atribu ye á observación deste fenómeno. E xa que a atopamos, o meu querido Olivier, non necesitamos nada máis, e podemos ceder aos que non o coñecen e queren coñecelo, o famoso raio verde!» Julio Verne.