O Albergue Seminario Menor é un dos establecementos de acollida a peregrinos con máis soleira da cidade. Dúas décadas recibindo a todos os que chegan a Santiago de Compostela. Trátase de un albergue moi popular entre os que se aventuran aos roteiros do occidente europeo: o albergue do seminario Menor foi escollido entre os dez mellores do Camiño Francés polos usuarios do portal de peregrinos Gronze.com: imos descubrir o porqué.
O Albergue de Peregrinos do Seminario Menor abre as súas portas en un impoñente edificio ergueito sobre un das zonas con mellores vistas da zona monumental compostelá: Belvís, situado no histórico barrio de San Pedro. A etimoloxía popular suxire que Belvís é un apócope de Bela Vista, e non lle falta razón: o albergue ocupa o privilexiado miradoiro oriental e ábrese a unha vedute bucólica e acougada da zona monumental compostelás e das orgullosas torres da Catedral de Santiago.
Os peregrinos aprecian moito o perfil claro e único que se observa desde o outeiro; tamén a contorna foi recuperado nas últimas décadas, coa apertura e ampliación do parque de Belvís. Unha zona verde que atravesa antigas leiras eclesiásticas e que amosa aos visitantes a orografía suave e inclinada de Santiago.
O Albergue do Seminario Menor recibe o seu nome da institución educativa coa que comparte espazo. O Seminario Menor foi o último edificio que o arcebispado compostelán destinou para a formación do clero. O edificio foi inaugurado polo cardeal Quiroga Palacios en 1955; desde entón serviu como centro de formación eclesiástica e secular, ata que nos últimos anos tamén incorporou a función de albergue de peregrinos.
Outra das razóns polas que o Albergue do Seminario Menor atrae a tantos peregrinos é a localización: non só se atópa a poucos minutos da catedral; de camiño á basílica, atopamos o Mercado de Abastos, o lugar máis concorrido de Santiago trala Praza do Obradoiro. Os peregrinos recuperan as sensacións e a calma percorrendo as casas nas que se expoñen os mellores alimentos do mar e a terra, escenas dun modo de produción tradicional escaso pero cada vez atrae e convence a máis persoas.
O Albergue do Seminario Menor garda a esencia da experiencia dos peregrinos: espazos de descanso comunitario, comodidades individuais, espazos para reflexión, prezo alcanzable e localización dificilmente mellorable.