Atopámonos nun momento incerto, un momento que cambiou as nosas vidas rapidamente e no que vemos comprometida a nosa actividade profesional de forma repentina, pero aínda así, debemos seguir adiante, desde as nosas casas, sen pretender saber que ocorrerá nos próximos días, ou semanas, ou meses… E non só polo que respecta a cada un de nós, senón por que esta sociedade susténtase co esforzo, o traballo, a colaboración e a solidariedade de todos.
Por iso, á marxe de presentacións oficiais, de comunicación a medios, e de gran difusión, hoxe facemos público un dos nosos proxectos, SOLPOR FISTERRA, coa sinxela razón de compartir o noso traballo, e abrir unha xanela a aquilo que cremos deu significado á orixe da nosa sociedade, e que hoxe se revela importante para todos, o vindeiro venres 20 de Marzo, equinoccio de primavera, cando o día e a noite iguálanse en tempo e partir do cal o Sol alentará cada día un pouco máis coa súa calor, nun ciclo que rexe a vida neste planeta e que nos ensina que cada fin é parte inseparable dun novo inicio.
