Solpor

HOTEL SEMÁFORO DE FISTERRA
delimiter image

Non existe lugar máis emblemático na Costa da Morte que o cabo Fisterra, considerado o cabo do FIN DO MUNDO.

Durante miles de anos pensouse que máis aló del tan só existía unha sima acuosa na que o sol se apagaba cada noite e a través da cal se chegaba a unha rexión de tebras poboada por monstros mariños.

O noso faro, construído en 1853 a 138 metros sobre o nivel do mar, é coñecido por todos os navegantes do mundo, pola súa importancia como medio de advertencia da proximidade dunha costa sumamente perigosa (a súa luz chega a alcanzar 65 Km de lonxitude), así como pola fama traizoeira desta zona marítima. Debido á habitual néboa dos temporais, en 1888 construíuse un edificio anexo ao faro, a sirena, á que se coñece popularmente como «a vaca de Fisterra», para avisar aos navegantes dos perigos que lles axexaban.

Desde o ano 1999 e tras unha moi acertada reforma en 2016, a antiga sede de vixilancia da mariña, o SEMÁFORO converteuse no noso pequeno paraíso, un delicatessen hotel e restaurante con encanto o Hotel O Semáforo, no cabo de Fisterra, conta con cinco exclusivas habitacións, un exquisito restaurante, unha coqueta cafetería, unhas terrazas con vistas infinitas e varias estancias e recunchos exclusivos para que te perdas no Fin do Mundo. As incribles vistas e postas de sol compiten cos días, bravas tormentas e grandes ondadas, días con néboa nos que soa con forza a sirena do faro, a vaca, que nos arrastra a tempos pasados de grandes lendas…

Tamén poderás gozar de O Refuxio, un espazo que como o seu nome indica dá acollida ao peregrino, un lugar emblemático con vistas á famosa “escultura” do Centolo. Un espazo gastronómico único, un concepto taberna “mariñeira” actualizado, moderno con propostas de picoteo e take away para que goces onde queiras observando o infinito. Un local ideal onde refuxiarte nos tamén espectaculares días de tormenta e vendaval.

Nas súas instalacións despregamos o conxunto tecnolóxico desde o que realizamos a emisión do directo, producimos timelapses e disparamos fotografías. Mostramos un esquema da orientación do equipo con respecto aos solsticios e equinoccios.

"Una ventana con vistas al Sol"