“A costa do solpor europea: unha irmandade atlántica” é o nome dunha xornada do Consello da Cultura Galega (CCG), coordinada por Jorge Mira, que pon os ollos nas posibilidades de desenvolvemento turístico duns espazos moi singulares. Son os que unen Cabo de São Vicente e Cabo da Roca (Portugal), Costa da Morte (Galicia) e Aglapsvik e Måsøy (Noruega). Estes lugares son o último punto no que atardece en Europa se temos que conta que a iluminación solar do planeta muda durante o ano. Esta especie de irmandade é o fío de unión dunha xornada que xunta especialistas de diferentes disciplinas para analizar as potencialidades turísticas destes espazos.
A actividade non será presencial e tampouco requiere inscrición previa. O 24 de marzo o Consello da Cultura Galega publicará na súa web as gravacións dos relatorios e o debate.
PROGRAMA
Busca dos puntos de último solpor da Europa Continental
Jorge Mira Pérez, Facultade de Física, Universidade de Santiago de Compostela
Caso práctico de creación de valor
Solpor Fisterra: da tecnoloxía á promoción turística
Xurxo Cegarra González, Wireless Galicia
Fernando Rey Daluz, LuzLux
Desenvolvemento de ideas de turismo científico
Maite Vence, directora de Observer Turismo Científico
Mesa redonda
Modera: Santiago Garrido Rial, subdirector da delegación de La Voz de Galicia en Carballo
Jorge Mira Pérez, catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC
Pablo Canosa Quintáns, secretario de Costa da Morte Asociación Turística
José Marcote, alcalde de Fisterra
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña
Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia
© Fotografía: Ana García.