Xunta de Galicia
Xacobeo 2021
Wireless Galicia

Solpor

O PROXECTO
delimiter image

O Sol, ente de culto que segue a perdurar dende os nosos ancestros ata a actualidade. Unha fonte de enerxía que nos alimenta física e psicoloxicamente. Dos solsticios aos equinoccios, a estrela percorre os ceos alongando ou acurtando a duración do día e a noite, tempos variables que a posición do Sol debuxa no horizonte, referente única da nosa paisaxe. Solpor Fisterra, un achegamento desde a tecnoloxía, o audiovisual e a ciencia a ese ente de culto que nos acompaña desde a Prehistoria.

Image module
HISTORIA E MOTIVACIÓN
El camino
CAMIÑO DE SANTIAGO
Solpor
FISTERRA
Solpor
OBXECTIVOS
SOLPOR
Presentación

Solpor Fisterra

O DIRECTO
delimiter image

Asómate á esta fiestra con vistas á fin da terra. Contempla a través do noso canal de vídeo en directo e nos días con mellores condicións climatolóxicas e lumínicas do ano, o solpor sobre o manto Atlántico. Invitámosche a seguirnos nas nosas redes sociais para estar informado das nosas vindeiras emisións.

Videos e Timelapses

GALERÍA DE VIDEO
Image

Accede nesta galería a unha coidada selección de vídeos ao redor do fenómeno do Solpor. O movemento das nubes, a choiva, as cores, o vento, as olas, os barcos pesqueiros,… todo é posible nesta ventana aberta á fin da terra.

Coleccionando momentos únicos

GALERÍA DE FOTOGRAFÍA
Image module

Accede nesta galería a unha coidada selección de fotografías co astro rei coma actor principal. As estrelas, o raio verde, as cores, o mar, os barcos pesqueiros,… pinturas coas que inmortalizar os mellores momentos ao longo dos anos.

OS NOSOS COLABORADORES

Solpor Fisterra é un proxecto que conta coa gran aportación de distintos colaboradores, aos que agradecemos enormemente o seu compromiso e implicación no proxecto.

Solpor Fisterra é posible grazas ao apoio por parte da Axencia Galega de Turismo no seu programa Oteuxacobeo. O Camiño de Santiago e o Solpor en Fisterra son dúas pezas hoxendía indivisibles.
O Hotel Semáforo de Fisterra, con quen tivemos o gusto de colaborar noutros proxectos, poñeron a disposición do proxecto as súas instalacións e medios humanos. Boa parte do conxunto tecnolóxico que compón Solpor Fisterra, atópase instalado no Hotel.
Gran parte dos obxectivos perseguidos en Solpor teñen a súa motivación nas brillantes publicacións científicas de Jorge Mira, con quen temos o gusto de colaborar. Os seus profundos coñecementos na materia inspiran o noso traballo.
Porque Solpor Fisterra pretende a creación de contidos audiovisuais de calidade, contamos co apoio de Olympus, quen colabora na cesión de equipamento fotográfico.
O concello de FIsterra, anfitrión do proxecto, a quen o proxecto ten coma foco das súas emisións. Fisterra, un municipio que ten a maior parte do seu territorio incluído na Rede Natura 2000 e cun rico patrimonio natural e cultura
Solpor Fisterra non podería realizar as emisións que pretende sen a colaboración do Concello de Carnota, municipio que permitiu despregar a infraestrutura de fibra óptica necesaria para que o servizo chegase ao cabo FIsterra.

Destacados

CÓMO COMPARTIR A TÚA EXPERIENCIA EN REDES
delimiter image

Se desexas compartir a túa experiencia e figurar no noso libro de visitas, so tes que publicar en redes sociais cos seguintes hashtag:

#SolporFisterra   #Librodevisitas

Seleccionaremos periódicamente aquelas publicacións que mellor transmitan a maxia do Solpor para aparecer na portada de nosa web.

Destacados

LIBRO DE VISITAS
delimiter image
Image
En el 'solpor' atardecer invernal, en 'A Costa da Morte', el sol ilumina pálidamente el océano donde los romanos, y otros pueblos anteriores, creían que se encontraba el fin del mundo. La costa que lo acoge es cuna de ritos y leyendas pero también de grandes naufragios, casi un millar, dejando huella en los habitantes de la zona que miran al mar, al océano y, al 'solpor' con profundo respeto y reverencia.
Fernando Gainzarain
Image
La puesta de Sol en el horizonte del fin del mundo se vive siempre de una manera muy especial. Fisterra es el mejor punto de encuentro para disfrutar del fin del 'Camino' con el Sol abandonando el horizonte Atlántico.
Oscar Blanco

Coñecenos

QUEN SOMOS
delimiter image

O proxecto Sopor Fisterra nace da colaboración continuada entre Wireless Galicia e LuxLux,  da firme vontade de unir forzas dos ámbitos TIC e audiovisual. Desde o ámbito da tecnoloxía e da creatividade,  pretendemos a modernización do sector turismo e das industrias culturais galegas a través do uso intensivo das TIC, a fin de para acadar un sector turístico competitivo a nivel europeo baseado no turismo cultural e nos recursos naturais (TIC-turismo). Diriximos os nosos  esforzos á posta en valor dos destinos a través de proxectos innovadores e de alto impacto.

A tecnoloxía de

WIRELESS GALICIA
Image module

O proxecto Sopor Fisterra nace da colaboración continuada entre Wireless Galicia e LuxLux,  da firme vontade de unir forzas dos ámbitos TIC e audiovisual. Desde o ámbito da tecnoloxía e da creatividade,  pretendemos a modernización do sector turismo e das industrias culturais galegas a través do uso intensivo das TIC, a fin de para acadar un sector turístico competitivo a nivel europeo baseado no turismo cultural e nos recursos naturais (TIC-turismo). Diriximos os nosos  esforzos á posta en valor dos destinos a través de proxectos innovadores e de alto impacto.

Á producción audiovisual

LUZLUX
Image module

LUZLUX é unha empresa especializada na creación de contidos de comunicación visual e publicidade con especial enfoque a novos medios de difusión social. Consultora experta en fotografía Dixital, postprodución e creación audiovisual, desenvolve o seu traballo en campos de comunicación como a Publicidade, a Divulgación, a comunidade Científica, o desenvolvemento Industrial, e en disciplinas como a Fotografía, Deseño, Vídeo, Redacción e Redes sociais.

Explora

O BLOG
delimiter image
A costa do solpor europea: unha irmandade atlántica definida astronómicamente

Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, profesor, investigador e divulgador científico, describe no seguinte artigo en que puntos da Europa continental

O Raio Verde

«Presenciou algunha vez a posta do Sol no mar? (…) Pero, deuse conta dun fenómeno que ocorre no momento en que o astro radiante lanza o seu último raio cando

Vídeo presentación Solpor Fisterra

Comprácenos presentarvos o vídeo de presentación do proxecto Solpor Fisterra. Nel tratamos de recoller a historia e motivación do proxecto, a nosa inspiración, obxectivos,… Esperamos que vos guste.

Solpor Fisterra: Benvidos

Atopámonos nun momento incerto, un momento que cambiou as nosas vidas rapidamente e no que vemos comprometida a nosa actividade profesional de forma repentina, pero aínda así, debemos seguir adiante,

Solpor
Wireless Galicia
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

"Una ventana abierta al mundo"